Política de devolución

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN 


A meirande parte das nosas camisolas non as temos en stock, se non que as facemos unha vez se realice o pedido. Isto é debido a que temos máis de 1000 produtos a venda e é imposible en termos económicos e de almacén ter estas cantidades almacenadas. Polo que dende Artillaría pedimos que antes de facer un pedido se visualicen as medidas das tallas que temos a disposición en cada produto.  
Hai que prestar atención o dito no anterior párrafo xa que non realizamos cambios nin devolucións polas tallas, cambios de cores, etc.  faremos devolucións por produtos en mal estado que sexan da nosa responsabilidade. Para facer unha devolución dun produto en mal estado, o cliente deberá comunicarnos que quere facer unha devolución nun prazo de 3 días dende a entrega, polo noso correo artillariacontacto@gmail.com. Posteriormente procederase a devolución dos gastos de compra e envío, polo metodo de pago utilizado ou farase o cambio por outro produto acode o prezo do anterior.  
Para facer a devolución é necesaria o envío de probas con imaxes (en boa calidade e en formato .jpeg ou .png) ao correo indicado con anterioridade. Non se admiten devolucións de artigos sen previo aviso por parte do cliente ou deteriorados polo cliente.